14.8.08

Un repoludo gaiteiro!






De sempre a música tradicional foi sinal de ledicia e festa, mais os tempos mudaron e agora a min parécenme da Inquisición, e ademais van facendo vulto na procesión.



Os instrumentos non vos parecen de tortura?

Seica non entendemos nada!



Segundo di o Diario de PPontevedra, Teresa PPedrosa (do PP) presentou a ofrenda á Virxe Peregrina en representación da provincia –manda carallo-, xa que deste xeito da exemplo de neutralidade (mexan por nós e como chove), segundo di ela…


Na procesión aparte de todos os uniformes habidos e por haber, tamén ia o presidente da audiencia, como para que che toque nun xuízo e che aplique a "neutralidade", ...cousas do demo.


Algo raro que vin :un concelleiro do PP que non fallaba nunca, este ano estaba vendo a


procesión e non ía nela, …tería o traxe das vodas a lavar?