17.2.09

Margaritas para os cerdos!!

Outras dúas estampas.

Onte ao sacar ao lixo, no caixón da publicidade do portal topei dúas billeteiras cun montón de tarxetas de creto, sanitarias e fotos familiares e outros recordos persoais, non tiñan cartos ningún. Xa na casa abrímolas para tentar buscar algún dato que nos permitise chamar aos seus donos. Unha tiña un número de móbil que figuraba como propio, chamamos e a muller amosouse agradecida e presentouse ao día seguinte a hora convida para recollela, amosou o seu agradecemento e mesmo agasallou cunha caixa de bombóns. Chapeu!

A outra custou dar co dono , buscamos nun pobo próximo –onde estaban ubicadas as tarxetas sanitarias- e non tivemos froito, logo buscamos en Pontevedra –sempre na guía de teléfono- , e por fin indirectamente chegamos ao que podía ser o marido da dona da billeteira e chamamos, respondeu el cun ton arrogante e prepotente. Ao día seguinte veu buscar a billeteira cando el quixo – non canda nós lle dixemos- faltaría máis. Como non estabamos voltou a tarde a dona que se estrañou de que tiveramos a carteira é nunha actitude ??? deu a entender que nós podiamos ser quen llela tivera roubado en Zara dez días antes, en fin…

Sei que non ten nada que ver pero esta billeteira tiña un carné de muller de socio dunha sociedade que segundo a prensa local:"recoge lo más distinguido de la ciudad y selecto", en fin sen tirar conclusións -falacias?- distínguense por que cheira a podre que espanta.

Se topo outra carteira, outro día, valorarei o que ten dentro e igual a tiro ao lixo que ás veces é onde vive o seu dono.

(Notase que estou cabreado).

15.2.09

Dúas estampas

Madrid, venres 13 de febreiro , 20:00, na Feira de Arco paso por unha galería onde se vende unha obra de Francis Bacon por máis de 115.000.000 €, os galeristas refinados atenden aos posibles compradores dun xeito exquisito con champagne francés incluído -que se vexa-.

Media hora de viaxe en metro.

Madrid, venres 13 de febreiro , 20:30, na Glorieta de Bilbao unha persoa duns trinta anos, home de raza negra, moi abrigado cun gorro de la e por riba unha prenda con carapucha totalmente abrochado, con aspecto de ter chegado nunha pateira, inmóbil e cos ollos pechos- tristura? non quere ver o mundo que lle arrodea? sostén un exemplar de "La farola" con evidente desesperación, ninguén lle fala ninguén sequer obsérvao, a pesar da súa estatura media, resulta totalmente invisible.

Reflexiono…ogallá fora unha perfomance.