23.3.08

Atrancad las calles…



Nestes días vimos de "notar" nas nosas rúas a presenza de moitas persoas nas procesións da SS. Nelas vai un amplo abano de xentes con diferente motivación: os devotos, os representantes da igrexa totalmente empoleirados –la calle es solo suya- e facendo ostentación dos seus símbolos e atributos, as autoridades –no papel de ordeno e mando- e os militares e a Garda Civil, no seu papel de representación do ben e de com-unión coa Igrexa católica. Non vou dicir nada dos que levan os estandartes e bandeiras cunha marcialidade extraordinaria –momento de glamour, (este ano chocaba ca imaxe dun párroco dos que ían cerca do palio que levaba o paraugas de ganchete ,adeus glamour)- e ao mesmo tempo procuran cun leve movemento de ollos ir saudando a todos aqueles que poidan ser remotamente coñecidos.


Ben é sabido que fe e coñecemento son cousas antagónicas, pero… cando veremos a infantería de mariña escoltando polas rúas a unha procesión que sexa doutra confesión relixiosa?

16.3.08

Pontevedra na radio

Se escoitas a emisora local de Radio PPontevedra, poderás darte conta de que a cidade é enorme, xa que cando escoitas as noticias locais o locurtor-xefe home de verbo florido e silvestre, pode comezar analizando o último partido da selección española de fútbol, o debate Zapatero-Rajoy ou ultimamente o estado das carreteiras que están próximas a Madrid, todo esto no informativo local, para que logo veña Marciano Rajoy a dicir que el non pode falar das lías de saias do pequeño Nicolás (presidente francés), xa que el é un señor tradicional de Pontevedra…Marciano escoita máis a radio local e serás máis moderno, que falta che fai. Seguindo coa radio, cando lle oes falar da situación do tránsito, se non coñeces, podes pensar que estás en Bagdad ou noutro enclave bélico xa que os adxectivos son de destrución maaasiva.

Verbo florido e silvestre, sobre todo silvestre.