13.12.08

Se non les os personaxes morren...


Bonito anuncio canadiano que descubrin da man de A canción do Náufrago II de Francisco Castro.

Moitas grazas

3.9.08

Está queriendo decir…

…é unha frase que non falta nunca en radio PPontevedra cando reproducen declaracións –en xeral- de políticos do BNG e ás veces do PSOE.

Non vou explicar por que o fan, o que sinto é que digan Informativos no canto de Opinativos, en tempos tiveron o premio Ondas, algúns amigos dinme que algúns locutores son moi burriños, e ao mellor non lle falta razón, son contados os casos do persoal da emisora que sabe estar e gardar o debido respecto, lamentablemente.

Que pensarías se…


…vas dando una volta por un camiño por onde adoita pasear moita xente, -algunha xa de idade- e de pronto tras unha gasolineira "clandestino" ves un home de máis de setenta anos que parece que deixou a súa pucha e o bastón no chan e toca unha harmónica con todo o seu sentimento, cunha expresión de entrega total e cos ollos pechos?

Quedoume a dúbida de que estivese realmente agachado para que non o visen nesa actitude tan nobre, espero estar trabucado, xa que se non o mundo sería moi triste de deus.

14.8.08

Un repoludo gaiteiro!






De sempre a música tradicional foi sinal de ledicia e festa, mais os tempos mudaron e agora a min parécenme da Inquisición, e ademais van facendo vulto na procesión.



Os instrumentos non vos parecen de tortura?

Seica non entendemos nada!



Segundo di o Diario de PPontevedra, Teresa PPedrosa (do PP) presentou a ofrenda á Virxe Peregrina en representación da provincia –manda carallo-, xa que deste xeito da exemplo de neutralidade (mexan por nós e como chove), segundo di ela…


Na procesión aparte de todos os uniformes habidos e por haber, tamén ia o presidente da audiencia, como para que che toque nun xuízo e che aplique a "neutralidade", ...cousas do demo.


Algo raro que vin :un concelleiro do PP que non fallaba nunca, este ano estaba vendo a


procesión e non ía nela, …tería o traxe das vodas a lavar?

10.7.08

Dramática kamiseta?



Paseando un día, vin no trinque dunha tenda de Pontevedra esta camiseta que se ve malamente na foto. Ao mellor é que me enleo, pero o certo, é que non entendo moi ben o seu auténtico significado, o verdadeiro sentido do que quer dicir…ou tal vez si.

13.5.08

Por que lle chaman “La Coz de Galicia”

RINCÓN ABIERTO : Manuel-Luis Casalderrey Menos ciencia


Los lectores que siguen mi trayectoria esperarán que arremeta contra Educación por detraer una hora de Ciencias para el Mundo Contemporáneo (CMC) y adjudicársela a Educación Física (EF). Sin embargo, en esta ocasión estoy de acuerdo. En un mundo en el que abundan los niños bien comidos y con hábitos sedentarios, no es de recibo que se reduzcan las horas de EF. La hora podría haberse detraído de Lengua Gallega, ahora que casi todas las materias se imparten en gallego, pero líbreme Dios de hacer semejante propuesta. Ha sido un mal pensamiento y no quiero que se sepa.

La nueva asignatura, CMC, se queda con dos horas semanales, suficientes para abordar los contenidos mínimos. Si la cosa anda escasa, se elimina el contenido número 2 (Nuestro lugar en el Universo) , que tiene poco de contemporáneo. Además CMC es una asignatura sesgada hacia Ciencia de periódico (salud, ambiente, aldea global). Solo roza la Química en los nuevos materiales. No se concibe la Ciencia contemporánea sin la presencia del rico legado conceptual de la Química (átomo, molécula). Para la Física no tengo espacio.

Voz de Galicia, sábado 10 de maio de 08


Este autor? Xa nos ten obsequiado con outras perlas [ coz de galicia 31 03 08] onde queda clara a súa actitude ideolóxica para coa lingua, usando en galego só unha frase para provocar o despretixio.

rincón abierto : Manuel-Luis Casalderrey «Foi moi boíña»
Lunes 31 de marzo de 2008
Falleció su esposa y unos vecinos fueron a darle el pésame. El hombre estaba muy apenado y les espetó: «Foi moi boíña, nunca lle tiven que pegar». Está demasiado enraizada, desde tiempo inmemorial, la sumisión de la mujer al hombre y resulta muy difícil de erradicar. Hasta en el momento de su muerte, el marido usa como argumento «nunca lle tiven que pegar » para justificar la bondad de la finada. Tremendo. Seguro que su bondad se manifestó en tener la comida a punto, la ropa limpia y planchada, la casa en perfecto orden y todas las demás obligaciones de cualquier esposa que se precie de serlo. Él se limitó a no pegarle.
Este hecho me lleva a pensar que hay que cercenar las raíces del problema. Hay que empezar por educar a niños y a niñas (en la familia, en la escuela, en la sociedad) en el respeto por el otro sexo, en la tolerancia, en la cooperación, en la ayuda mutua. Solo así se conseguirá que, de mayores, metan sus instintos en donde les quepan y dejen que cada uno viva su vida libremente.
Con el elevado número de muertes de mujeres a manos de maridos, parejas y ex de ambos, se ha puesto claramente de manifiesto que no son suficientes leyes, protecciones y ayudas. Hay que ir a la raíz del problema: la educación desde la más tierna infancia. Por eso rechazo de plano las imágenes usadas por el fotógrafo Toscani (autor de polémicas campañas para Benetton), de un niño catalogado como verdugo y de una niña con el rótulo de víctima. De toda la sociedad depende que sea publicidad equivocada.

Algo cheira a podre…é mellor calar e non contar outras moitas miserias que ten protagonizadas na súa "mediatica" vida.

21.4.08

Que bárbara! Que finura!

Mestra residente en Coruña destinada nun instituto da zona de Carballo (léase co riquísimo e galeguísimo repertorio fonético vocálico de boa parte do castelán de Coruña):

"Nós están imponiendo el gallego de una manera... Este año me mandaron a un instituto por cerca de Carballo y por allí ya todos hablan gallego. Hasta casi lo hablo yo y todo".

Topeino neste interesante blog

http://retallos.blogspot.com/2008/04/imposicin-lingstica.html

Manda carallo coa tropa!

23.3.08

Atrancad las calles…



Nestes días vimos de "notar" nas nosas rúas a presenza de moitas persoas nas procesións da SS. Nelas vai un amplo abano de xentes con diferente motivación: os devotos, os representantes da igrexa totalmente empoleirados –la calle es solo suya- e facendo ostentación dos seus símbolos e atributos, as autoridades –no papel de ordeno e mando- e os militares e a Garda Civil, no seu papel de representación do ben e de com-unión coa Igrexa católica. Non vou dicir nada dos que levan os estandartes e bandeiras cunha marcialidade extraordinaria –momento de glamour, (este ano chocaba ca imaxe dun párroco dos que ían cerca do palio que levaba o paraugas de ganchete ,adeus glamour)- e ao mesmo tempo procuran cun leve movemento de ollos ir saudando a todos aqueles que poidan ser remotamente coñecidos.


Ben é sabido que fe e coñecemento son cousas antagónicas, pero… cando veremos a infantería de mariña escoltando polas rúas a unha procesión que sexa doutra confesión relixiosa?

16.3.08

Pontevedra na radio

Se escoitas a emisora local de Radio PPontevedra, poderás darte conta de que a cidade é enorme, xa que cando escoitas as noticias locais o locurtor-xefe home de verbo florido e silvestre, pode comezar analizando o último partido da selección española de fútbol, o debate Zapatero-Rajoy ou ultimamente o estado das carreteiras que están próximas a Madrid, todo esto no informativo local, para que logo veña Marciano Rajoy a dicir que el non pode falar das lías de saias do pequeño Nicolás (presidente francés), xa que el é un señor tradicional de Pontevedra…Marciano escoita máis a radio local e serás máis moderno, que falta che fai. Seguindo coa radio, cando lle oes falar da situación do tránsito, se non coñeces, podes pensar que estás en Bagdad ou noutro enclave bélico xa que os adxectivos son de destrución maaasiva.

Verbo florido e silvestre, sobre todo silvestre.