22.10.09

Calolu Calolu

Non é idiota é e sempre foi un facha, este video é tremendamente didáctico.

http://www.youtube.com/watch?v=84PVlhz7a6g

Carlos Callón deixa KO ao burra do Carlitos

Todo un exemplo do fascismo convertido en "xornalista" e por riba todo un curso de falta de respecto e educación pagado cos cartos de todos na telegaita.

http://www.dailymotion.com/video/xav9r7_carlos-callon-entrevistado-por-carl_news

23.7.09

Carallo pra o angazo!!!


Hoxe ven esta nova na Coz, o que non ven é que o ínclito sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, Sr. Louzan foi o faimerrir de nenos e maiores xa que dentro da política contra o idioma abandeirada polo Frijolito (de quen é sicario como xa o foi antes de persoaxes ben dubidosos por outros "negocios") falou en inglés (lendo) e coa mesma elevou a Honoris Causa a Ansar nos seus devaneos americanos, xa que resultaba "choqueiro" (of course, non sei como se dí en british) e fixo sentir vergoña allea aos presentes, segundo me contaron. Eu non teño nada contra o inglés e desculpo o seu descoñecemento e aprezo o seu dominio, o que si desprezo e a súa utilización maniquea contra o galego.

PD: Raphelito subsidia cos cartos da Deputación a GaliciaBilingüe, nun curso para setembro.

Xa o dicía o conto…Algún día dará con todo o angazo no nariz, e ben merecido que o ten.

13.7.09

NON SEI COMO VALORALO!


Publica El País na súa edición deste domingo pasado un artigo titulado "Los dioses pisan el cesped", e algo de místico debe haber, se vos fixades na foto, (vese mellor na edición en papel) o que está de pé a dereita de todo leva pintado no seu peito : CR dale un hijo a mi mujer

De momento estou un pouco confuso, non sei moi ben como valoralo, pérdome un chisco con estas cousas da mística

6.4.09

Mondo soterrado


Ves en pateira, para rematar levando un paso na SS,

éche o que hai!!, como lin hai uns días:" grupos de encapuchados tomaran as rúas e asustaran aos nenos",…coma todos os anos no ritual da SS. Este ano serán tamén unha especie de manifa (lazos brancos contra o aborto) subliminalmente camuflada de procesión, supoño que non actuaran os antidisturbios.

Xa nin sequera a fe axuda a levar os pasos, hai que buscar sen papeis para que carguen no seu lombo co peso do paso, menos mal que van encapuchados e non se lles ve a cara, pois as beatas poden pensar que son cousas do demo, en realidade…son cousas da SS.

18.3.09

Estereotipos…estereotipos


No aparcadoiro do prostíbulo

Este artigo de Juan Gómez-Jurado publicado na Coz do 17/03 pode facernos reflexionar sobre os esterotipos dos que tanto abusamos.

Neste noso chamado primeiro mundo seguen ocorrendo traxedias e miserias morais tan descomunais que apenas alcanza a imaxinación a abarcalas. Poida que afecten a moi poucas persoas, pero o fan de maneira que causa dor na alma.

é o caso dun señor de Marbella de 28 anos de idade. Colleu o seu coche e foise a un prostíbulo, onde aparcou e meteuse dentro a correrse unha esmorga. Ata aquí todo normal. O problema xorde do feito de haberse levado á súa filla de tres anos con el. E aínda peor, de habela deixado no coche mentres el entraba ao club de alterne.

A nena, cansada de esperar, abriu a porta do vehículo (que non estaba bloqueada), baixou polo seu propio pé e foise a dar un garbeo en plena noite. Mentres camiñaba, sentiu unha presenza por detrás. Alguén a tomou da man. Era un inmigrante marroquí, que acababa de chegar a España tres días antes nunha patera. ¿E saben o que fixo o inmigrante?

Levou á nena a unha comisaría de policía. Vencendo o medo que seguramente debeu de sentir, medo a que o devolvesen, medo a non facerse entender, medo á que o acusasen de secuestrar el mesmo á nena. O medo lóxico en alguén que vén dun país onde o tema das liberdades non está para tirar foguetes.

Os axentes, tras escoitar o seu relato, fóronse ata o prostíbulo, onde esperaron ao pai da pequena. Este saíu ás seis da mañá, sete horas logo de abandonar á nena, completamente consciente dos seus actos. Os axentes puxéronlle a disposición xudicial, mentres que a nena quedaba a cargo dun familiar.

A min esta historia fíxome reflexionar. Sobre todo penso nas centos de conclusións erróneas ás que chegarían os lectores desta columna ao alcanzar a pregunta que pecha o terceiro parágrafo. Claro que no pecado levo a penitencia, porque eu mesmo sorpréndome da lección moral que nos deu a todos ese inmigrante anónimo.

6.3.09

Axeitada hixiene


Na panadería entro a mercar una barra de pan, a panadeira colorada e apurada organizando o choio, e unha única clienta cunha pinta un pouco chulita e como si fose unha PTV (Pontevedra de toda la vida), por suposto, non se molesta en respostar ao meu saúdo de cortesía:

-Hay hija, hoy es vigilia y seguro que venderás muy bien las empanadas.

-….

-No tendrias de xoubiña?

-Si, ya la vendí.

-Uih, que pena, bueno yo las compré ayer del xeito…muy pocas veces las hay del xeito, son una maravilla!

2.3.09

Non tiña pensado…


Non tiña pensado, adicar moitas letras a falar sobre a desfeita de onte, pensaba sobre todo en calar e reflexionar polo baixo ate ter as ideas máis claras, pero nas 24 horas que pasaron escoitei mentiras tendenciosas? pronunciadas con maiúsculas: 1º aos alumnos dun colexio duns 11 anos coñecedores todos dos derroches da Xunta anterior (Audi e Sillas),2º á camareira dunha cafetaría dicindo que era mellor votar en branco que o BNG (faltaria máis) e 3º agora mesmo en H25 na SER falando do BNG como duns xudeus escollidos dicindo cada barbaridade que pon os cabelos encrechados (que dirá a COPE ou …)

Noraboa a Coz de Galiza, ela gañou as eleccións e uns cantos friquis máis, e o BNG que vaia espabilando: non se pode tratar con luva branca a quen cuspe cando respira.

17.2.09

Margaritas para os cerdos!!

Outras dúas estampas.

Onte ao sacar ao lixo, no caixón da publicidade do portal topei dúas billeteiras cun montón de tarxetas de creto, sanitarias e fotos familiares e outros recordos persoais, non tiñan cartos ningún. Xa na casa abrímolas para tentar buscar algún dato que nos permitise chamar aos seus donos. Unha tiña un número de móbil que figuraba como propio, chamamos e a muller amosouse agradecida e presentouse ao día seguinte a hora convida para recollela, amosou o seu agradecemento e mesmo agasallou cunha caixa de bombóns. Chapeu!

A outra custou dar co dono , buscamos nun pobo próximo –onde estaban ubicadas as tarxetas sanitarias- e non tivemos froito, logo buscamos en Pontevedra –sempre na guía de teléfono- , e por fin indirectamente chegamos ao que podía ser o marido da dona da billeteira e chamamos, respondeu el cun ton arrogante e prepotente. Ao día seguinte veu buscar a billeteira cando el quixo – non canda nós lle dixemos- faltaría máis. Como non estabamos voltou a tarde a dona que se estrañou de que tiveramos a carteira é nunha actitude ??? deu a entender que nós podiamos ser quen llela tivera roubado en Zara dez días antes, en fin…

Sei que non ten nada que ver pero esta billeteira tiña un carné de muller de socio dunha sociedade que segundo a prensa local:"recoge lo más distinguido de la ciudad y selecto", en fin sen tirar conclusións -falacias?- distínguense por que cheira a podre que espanta.

Se topo outra carteira, outro día, valorarei o que ten dentro e igual a tiro ao lixo que ás veces é onde vive o seu dono.

(Notase que estou cabreado).

15.2.09

Dúas estampas

Madrid, venres 13 de febreiro , 20:00, na Feira de Arco paso por unha galería onde se vende unha obra de Francis Bacon por máis de 115.000.000 €, os galeristas refinados atenden aos posibles compradores dun xeito exquisito con champagne francés incluído -que se vexa-.

Media hora de viaxe en metro.

Madrid, venres 13 de febreiro , 20:30, na Glorieta de Bilbao unha persoa duns trinta anos, home de raza negra, moi abrigado cun gorro de la e por riba unha prenda con carapucha totalmente abrochado, con aspecto de ter chegado nunha pateira, inmóbil e cos ollos pechos- tristura? non quere ver o mundo que lle arrodea? sostén un exemplar de "La farola" con evidente desesperación, ninguén lle fala ninguén sequer obsérvao, a pesar da súa estatura media, resulta totalmente invisible.

Reflexiono…ogallá fora unha perfomance.