1.5.10
ACTO DA XUNTA NO CONCELLO DE BARRO, INDA QUE PAREZA MENTIRA
Era un acto de propaganda política, pero xa se actúa sen vergonza(no sentido literal),e a Voz que non se enterou de que houbo un concerto en Pontevedra de Queremos Galego, publica esta foto na que costaría entender a un cidadán ben pensante de existir, que pinta fútbol na presentación dun nó de estradas?
16.2.10
Menudo careto debeu poñer Robert Varela!!
o de ensimismado terá algo que ver coas momias de O Cairo? , xa tiña un pé na capital de Exipto cando caeu aquí na Xunta de rebote.
Grazas Tosar, e moitos parabéns polo Goya q tes ben merecido.
30.1.10
Soo Feijoo!!
Di Manuel Cidrás en A NOSA TERRA (1390) , no seu artigo "O GALEGO COMO PROBLEMA":
[… A localización do problema do galego a carón do problema do inglés como lingua de impartición de materias,se tal cousa chega a producirse,á parte de intereseira en tanto que estratexia de lexitimación resulta significativa do enfoque alienado que se lle dá ao tema da lingua. Dende esta perspectiva de alienación toma sentido a incríbel confesión do presidente, que vén de revelarnos que fixo dun cidadán conselleiro porque fala correctamente inglés. Non foi obstáculo na escolla que ese mesmo cidadán sexa incapaz de expresarse correctamente en galego. Paradoxalmente o problema do galego non é que se ignore, polo menos non o é para ser conselleiro…]
O subliñado é meu, case choro cando escoitei falar na SER a Javier Guerra.
