Hoxe ven esta nova na Coz, o que non ven é que o ínclito sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, Sr. Louzan foi o faimerrir de nenos e maiores xa que dentro da política contra o idioma abandeirada polo Frijolito (de quen é sicario como xa o foi antes de persoaxes ben dubidosos por outros "negocios") falou en inglés (lendo) e coa mesma elevou a Honoris Causa a Ansar nos seus devaneos americanos, xa que resultaba "choqueiro" (of course, non sei como se dí en british) e fixo sentir vergoña allea aos presentes, segundo me contaron. Eu non teño nada contra o inglés e desculpo o seu descoñecemento e aprezo o seu dominio, o que si desprezo e a súa utilización maniquea contra o galego.
PD: Raphelito subsidia cos cartos da Deputación a GaliciaBilingüe, nun curso para setembro.
Xa o dicía o conto…Algún día dará con todo o angazo no nariz, e ben merecido que o ten.
1 comentario:
Sigue sendo un misterio para min cómo políticos (por chamarlle costésmente)como o Sr. Louzán chegaron a un posto como o que actualmente obstenta.
Cando intento debullar misterios coma iste, despois de darlle moitas voltas, sempre chego á mesma conclusión: estar no lugar idóneo, nun tempo favorable e non ter destacado en nengún aspecto con anterioridade.
Publicar un comentario