Nestes días vimos de "notar" nas nosas rúas a presenza de moitas persoas nas procesións da SS. Nelas vai un amplo abano de xentes con diferente motivación: os devotos, os representantes da igrexa totalmente empoleirados –la calle es solo suya- e facendo ostentación dos seus símbolos e atributos, as autoridades –no papel de ordeno e mando- e os militares e a Garda Civil, no seu papel de representación do ben e de com-unión coa Igrexa católica. Non vou dicir nada dos que levan os estandartes e bandeiras cunha marcialidade extraordinaria –momento de glamour, (este ano chocaba ca imaxe dun párroco dos que ían cerca do palio que levaba o paraugas de ganchete ,adeus glamour)- e ao mesmo tempo procuran cun leve movemento de ollos ir saudando a todos aqueles que poidan ser remotamente coñecidos.
Ben é sabido que fe e coñecemento son cousas antagónicas, pero… cando veremos a infantería de mariña escoltando polas rúas a unha procesión que sexa doutra confesión relixiosa?
1 comentario:
Canta razón tes¡
O feito de que atranquen as rúas durante tanto tempo ten o seu aquel.
Parabens polo novo (para min) blog.
Miguel
Publicar un comentario