Non tiña pensado, adicar moitas letras a falar sobre a desfeita de onte, pensaba sobre todo en calar e reflexionar polo baixo ate ter as ideas máis claras, pero nas 24 horas que pasaron escoitei mentiras tendenciosas? pronunciadas con maiúsculas: 1º aos alumnos dun colexio duns 11 anos coñecedores todos dos derroches da Xunta anterior (Audi e Sillas),2º á camareira dunha cafetaría dicindo que era mellor votar en branco que o BNG (faltaria máis) e 3º agora mesmo en H25 na SER falando do BNG como duns xudeus escollidos dicindo cada barbaridade que pon os cabelos encrechados (que dirá a COPE ou …)
Noraboa a Coz de Galiza, ela gañou as eleccións e uns cantos friquis máis, e o BNG que vaia espabilando: non se pode tratar con luva branca a quen cuspe cando respira.
1 comentario:
E o que nos queda por ler e escoitar¡
Efectivamente no país dos lobos hai que oulear coma eles, senón cómente.
Publicar un comentario