Se escoitas a emisora local de Radio PPontevedra, poderás darte conta de que a cidade é enorme, xa que cando escoitas as noticias locais o locurtor-xefe home de verbo florido e silvestre, pode comezar analizando o último partido da selección española de fútbol, o debate Zapatero-Rajoy ou ultimamente o estado das carreteiras que están próximas a Madrid, todo esto no informativo local, para que logo veña Marciano Rajoy a dicir que el non pode falar das lías de saias do pequeño Nicolás (presidente francés), xa que el é un señor tradicional de Pontevedra…Marciano escoita máis a radio local e serás máis moderno, que falta che fai. Seguindo coa radio, cando lle oes falar da situación do tránsito, se non coñeces, podes pensar que estás en Bagdad ou noutro enclave bélico xa que os adxectivos son de destrución maaasiva.
Verbo florido e silvestre, sobre todo silvestre.
1 comentario:
Se comparamos radio Galicia da capital do antigo Reino, coa vosa radio Pontevedra hai algunhas diferenzas. Non precisamente ideolóxicas (aínda que aquí son máis recatados nas formas). O que nos falta é precisamente o que vos distingue a vós. Certamente o de radio Pontevedra (polo que coñezo) é digno de ser estudado.
Miguel
Publicar un comentario